Méndez Ferrín, X. L.

Poesía enteira de Heriberto Bens

A Poesía enteira de Heriberto Bens edítase por primeira vez en 1980 e recolle os volumes Antoloxía popular, publicado polo Patronato da Cultura Galega de Montevideo en 1972, e Sirventés pola destrucción de Occitania, publicado en 1975 en Xenebra, ambos os dous asinados co pseudónimo de Heriberto Bens, baixo o que se agachaba X. L. Méndez Ferrín. Poesía enteira de Heriberto Bens é unha obra de carácter civil, composta por poemas elexíacos dirixidos maiormente a figuras senlleiras do noso pasado, que plasma as inquedanzas do autor en canto á renovación formal e técnica do panorama poético galego da época.
O conxunto resulta dunha beleza e competencia lingüística extremada.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 288 |
  • Dimensións: 130x190 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8302-359-4 |