Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Cameselle, Roque

Bieito Dubidoso

Bieito Dubidoso era mago, e nas súas mans de alas de colibrí tremían a velocidade da luz e a exactitude do reloxo. Facedor de acontecementos imposibles era quen de provocar a desaparición dunha persoa ou de serrar o corpo de calquera e volvelo colar, sen que as vítimas se apercibisen de nada do sucedido. Orixinario da vila de Tui, grazas á súa facultade de crear neve en calquera condición atmosférica, atopará en Destreza a compañeira coa que compartirá aventuras e descubrirá o amor.
A novela narra as azarosas e intrépidas aventuras de Bieito Dubidoso, que se declara prestidixitador e non feiticeiro; quen na compaña da súa inseparable Destreza emprende unha infatigable loita contra a superstición e o atraso, representados polo bispo Xoán, dono e señor da vila de Tui.
  • Editorial: Xerais |
  • Ano: 2015 |
  • Páxinas: 248 |
  • Dimensións: 145x215 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9914-803-8 |