Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Rexes, Lionel

A raíña das velutinas

Nunha casa de turismo rural reúnese un grupo de persoas en torno a un dos últimos guerrilleiros antifranquistas. A casualidade fará que dúas mozas, enviadas pola Consellaría de Medio Rural para combater a praga de avespas velutinas, acaben participando nalgunhas actividades programadas por un colectivo nutrido por persoas con diversos intereses e maneiras de proceder. Os simpatizantes do antigo exiliado detectarán a presenza dun asistente inesperado; mais nada será o que parece. Un telurismo presente en toda a narración sobrevoará unhas existencias ávidas do contacto coa terra, aínda que a paixón, os desencontros propiciados pola convivencia e unha ortodoxia levada aos extremos serán os que orixinarán, cando a situación o requira, tensións ocasionais e impulsos de solidariedade.
Gañadora da XXIII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, o xurado salientou de " A raíña das velutinas " "o seu brillante labor de documentación e as historias amenas que se entrecruzan na trama principal".
  • Editorial: Xerais |
  • Páginas: 152 |
  • Dimensiones: 145x220 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-9121-268-3 |