Casa de bonecas
En Casa de bonecas, a súa obra máis emblemática, Ibsen aborda a situación social da muller procurando describir a personalidade desde unha perspectiva psicolóxica. A obra conta a historia de Nora Helme, unha muller felizmente casada cun avogado co que ten tres fillos. Ela descobre como o seu idílico universo familiar se derruba se non adopta medidas e se non afonda na súa independencia persoal e na súa propia capacidade para gobernar a súa vida e a súa existencia persoal. Casa de bonecas foi unha revolución para a sociedade do seu tempo e o personaxe Nora configurouse como un exemplo a seguir.
- Editorial: Xerais |
- Año: 2015 |
- Páginas: 136 |
- Dimensiones: 130x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-9782-572-6 |