Horario de verano: De lunes a viernes de 10:30 a 14:00 h y de 16:00 a 19:00 h. Sábados y domingos cerrada. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Pena, Xosé Ramón

Martín Codax e os xograres do mar de Vigo

A literatura trobadoresca galego-portuguesa constitúe un dos tesouros que conforman o mellor legado da historia do noso país. Unha herdanza e unha crónica, ademais, que permanecen absolutamente vivas, na medida en que un bo número daqueles textos que compuxeron trobadores e xograres dá cumprida noticia de episodios, temáticas e lugares -velaí a ría de Vigo, a illa de San Simón...- que forman parte do noso devir cotián.
Redactado con rigor e amenidade, " Martín Codax e os xograres do mar de Vigo " artéllase así como unha ferramenta especialmente axeitada para viaxarmos cara a aquela xeira en que os poetas de noso souberon compoñer cantares de amor, de amigo e tamén de burlas e ironías que seguen propiciando a atención máis activa. Cantigas e versos que non caducan.
  • Editorial: Xerais |
  • Páginas: 152 |
  • Dimensiones: 130x205 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-9121-290-4 |