Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Reigosa, Carlos G.

Fuxidos de sona

Os seus nomes andaban de boca en boca, maldicidos por uns, admirados en secreto por outros, lobos na montaña, entre a furia e a desesperación. Ó Piloto –o derradeiro abatido en España- matárono en 1965 a carón da represa de Belesar, en Lugo. Mario de Langullo aínda seguía daquela polos montes ourensáns. A versión oficial calificábaos de bandidos. Pero eran outra cousa. A memoria dun tempo de cataclismos. Carlos G. Reigosa, xornalista, adicou varios anos de investigación e traballo profesional a seguir os pasos destes protagonistas non sempre ben coñecidos da nosa historia contemporánea: os fuxidos. Nestas páxinas hai testemuñas, relatos e noticias de primeira man que só agora saen á luz, logo de tanto tempo. Nalgúns casos son documentos excepcionais. Tamén latexa nelas a vida, a paixón dos homes, o amor e a desolación, idealismo, barbarie e xenerosidade.
  • Editorial: Xerais |
  • Ano: 1989 |
  • Páxinas: 160 |
  • Dimensións: 130x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-7507-423-8 |