Liña azul
' ' Liña azul cumpre as esixencias da práctica narrativa e dun xeito destacado domina as técnicas da literatura contemporánea. Trátase dunha creación metaliteraria sobre o proceso de construción da propia novela, na que se mesturan os xéneros ata confundírense. O ensaio, a novela negra, de intriga e incluso humorística forman unha trama mesta na que se confunden realidade e ficción. ' ' (Fragmento da Acta do IV Premio de Novela Curta ' ' Cidade Centenaria de Riveira ' ' ). Esta é a única pista externa polo de agora, abondo para introducirse no caso. Hai que confiar na intuición. Calquera outra cousa, contacten ipso facto: ocasodavidpobra.wordpress.com
- Editorial: Xerais |
- Año: 2015 |
- Páginas: 136 |
- Dimensiones: 145x220 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-9914-667-6 |