Non hai misericordia
Xelís de Toro consolida nesta que foi a súa segunda novela, publicado despois de Seis cordas e un corazónö (Xerais Negra, 1989), un estilo narrativo propio, tenso e contundente, que lle acae perfectamente a unhas historias e personaxes de vocación nidiamente urbana. A estructura de Non hai misericordiaö xira arredor dalgúns relatos que son o pretexto para que varios contertulios dialoguen nun programa radiofónico sobre o tema da violencia. Esta idea sérvelle ao autor para facer unha recreación paródica do xeito de expresarse que ten cada un dos participantes: un sociólogo, un teólogo, un psicólogo e un asistente social. Unha aposta arriscada e orixinal que procura e merece a complicidade do lector, conquistada cun uso da linguaxe coloquial moi ben dosificado, e que lle abre as portas da literatura ás realidades menos gratas da nosa sociedade. O protagonista absoluto de Non hai misericordiaö é a violencia nas súas diversas manifestacións. Polas súas características estructurais, pola súa fasquía temática, a narración crúa, tensa e directa, pola linguaxe asequible, esta obra, recuperada agora dentro de Xerais Peto, está chamada a ser revisitada e recoñecida por un amplo abano de lectores.
- Editorial: Xerais |
- Año: 2015 |
- Páginas: 208 |
- Dimensiones: 110x175 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8302-990-9 |