Os movementos de resistencia fronte á globalización capitalista
A aparición dos movementos antiglobalización, tanto no Sur como no Norte do planeta, fixo que renacesen moitos impulsos de contestación e unha firme esperanza na construción dun mundo máis xusto. Así o testemuña, sen ir máis lonxe, o éxito alcanzado en febreiro de 2003 polas convocatorias contra a agresión norteamericana en Iraq. Neste libro de Carlos Taibo, con vocación pedagóxica pero, tamén, desde unha non ocultada simpatía polos movementos, estúdianse o escenario e as razóns que explican o xurdimento destes, os principais fitos dos seu desenvolvemento, os problemas que deben enfrontar a principios do século XXI e, en suma, as expectativas de futuro dunhas redes que, diante da lóxica do capitalismo e dos seus arroutos imperiais, parecen chamadas a provocar moitas sorpresas.
- Editorial: Xerais |
- Año: 2005 |
- Páginas: 160 |
- Dimensiones: 145x220 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-9782-301-2 |