Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Nogueiras, Paco

Radio Bulebule

Abre as orellas, palabras a voar
saíndo pola antena, aterrando polo chan.
O falar non ten cancelas, vai de aquí para acolá.
Chega a radio falangueira que te vai facer pensar?
?Radio BULEBULE? é o novo traballo de Paco Nogueiras logo
de ?Brinca vai!? (III Premio Martín Códax da Música - Infantil) que, trala súa publicación como libro-cd-dvd deu lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas de toda Galicia. O medio radiofónico inspira
as 12 cancións deste novo libro-disco no que volven participar
o ilustrador David Pintor e José Miguel Sagüillo dirixindo
os videoclips que, como novidade, forman unha curtametraxe.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 48 |
  • Dimensións: 160x160 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8464-308-1 |