Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Nogueiras, Paco

Extra!

«Extra!» é a nova obra de Paco Nogueiras logo de «Radio Bulebule»
e de «Brinca vai!» (III Premio Martín Códax da Música - Infantil) que,
trala súa publicación deron lugar a varios espectáculos cos que
o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas
de toda Galicia. O autor volve recuncar nos medios de comunicación
-nesta ocasión, a prensa escrita- coas 12 cancións deste novo
libro-disco ilustrado por Marc Taeger que, ademais, conta co apoio
dos videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 48 |
  • Dimensións: 160x160 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1343-051-5 |