Seraogna
Seraogna, libro publicado en maio de 1976 baixo o cuño de rompente, non só deu a coñecer a Alfonso Pexegueiro (Ponteareas, 1948), que se consolida hoxe como un dos escritores máis interesantes da nosa literatura, senón que constitúe a primeira achega substancial e decidida no proceso de renovación dun sistema poético ancorado no dominio da estética socialrealista máis estereotipada. A través dun realismo visionario, a súa lírica imaxinativa e transformadora desenvolve unha liña radicalmente persoal e de vangarda, que revela a intrahistoria que padecen as clases sociais e nacións dependentes.
- Editorial: Xerais |
- Año: 2015 |
- Dimensiones: 130x190 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8302-189-7 |