Tute para catro
De inusitada forza e unha clara vontade de facerlle pasar un agradable momento ó lector, Tute para catro parte das vidas sinxelas dos personaxes e, a partir delas conquista pequenos cumes que logo deveñen en fazañas persoais ou entran a formar parte do repertorio de mitos dunha comunidade. E a comunidade da que o libro nos fala é esa pequena vila ou esa aldea galega que sobrevive por extensión da cidade, cunha vida presidida pola decadencia, o fastío e a frustración.
- Editorial: Xerais |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 80 |
- Dimensións: 110x175 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8302-587-1 |