Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Fraga, Xesús

Río Miño. Unha viaxe entre solsticios

Durante seis meses, entre os solsticios de inverno e de verán, Xesús Fraga percorreu o curso do río Miño, dende o seu nacemento no Pedregal de Irimia, na serra de Meira, ata a súa desembocadura no océano Atlántico, cruzando tres das catro provincias do país e a beira norte de Portugal. Nesta viaxe natural e contemplativa, narrada con concisión e enxeño, o narrador convídanos a acompañalo polo fluxo dos regatos do río primordial de Galicia, pero tamén polas terras que o abranguen, como a Terra Chá, Lugo, Paradela, a Ribeira Sacra, Os Peares, Ourense ou Castrelo de Miño. Mesturando un estilo tan lírico como documentado, a narración de Fraga non se limita á dimensión natural do Miño, senón que inclúe o histórico, cultural e sentimental, irmandando escenarios, paisaxes, voces e testemuños únicos, e reflexionando sobre o pasado, presente e futuro tanto do río como do noso país. Río Miño. Unha viaxe entre solsticios é tanto un redescubrimento da «columna vertebral, física e simbólica de Galicia» como unha evocación sobresaínte da paisaxe que convida á reflexión. Esta obra foi recoñecida co XVIII Premio Eurostars d
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 216 |
  • Dimensións: 135x205 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-19213-48-8 |