Arraianos
A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro, para moitos descoñecido; un mundo a trasmán, separado de todo, tanto de Galicia como de Portugal, habitado por xente distinta e misteriosa que sente a fronteira administrativa como un absurdo, incapaz sen embargo de borrar a conexión histórica e cultural entre os dous lados da raia.
A recreación literaria deste espacio humano e xeográfico, adquire perspectiva e profundidade no percorrido da ficción a través de tempos e momentos históricos diferentes: a rebeldía romántica do Exclaustrado de Diabelle contra a cesión do Couto Mixto á Coroa española a mediados do XIX; a imposición ideal das autoridades republicanas en Ourense sobre os sublevados o 18 de xullo do 36; a violencia asasina das cuadrillas falanxistas nos primeiros anos da posguerra ou a persecución e captura de militantes galegos antifranquistas nos anos sesenta.
Ó servicio dunha relativa unidade temática, pretendida na común referencia espacial do conxunto, Méndez Ferrín emprega técnicas narrativas -ritmos, puntos de vista, construccións- moi diversas, ademais de facer un uso intencionado de formas dialectais do galego arraiano ou mesmo portugués estándar.
Un arraiano, de Vilanova dos Infantes, non podía ser de outra forma, lévanos deica terras escravas onde a xente mira con ollos vacunos e avultados. Xente coa que, por algunha razón, é preciso ter moito coidado.

- Editorial: Xerais |
- Páginas: 200 |
- Dimensiones: 145x220 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-9782-128-5 |