Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Fernández Davila, Fran

A senda de sal

Premio de novela por entregas "La Voz de Galicia 2017"
Un vello mariñeiro, no solpor da súa vida, sente a necesidade de relatar uns episodios cruciais da súa mocidade. Unha serie de acontecementos que se remontan á Segunda Guerra Mundial, cando Vigo xogou un papel clandestino pero decisivo, e que tiveron un impacto histórico considerable. A senda de sal arrinca co encontro entre ese mariñeiro e unha muller en crise, a quen escolle para rescatar da memoria máis distante aqueles feitos en que, sendo neno, tivo unha participación fundamenteal. O autor combina á perfección o emprego ben dosificado dun estilo de claras reminiscencias literarias coa eficacia narrativa, facendo que a intriga medre en intensidade. Na costa sur de Galicia conflúen os dous bandos que pouco despois daberían de enfrontarse na contenda bélica mundial: aliados e nazis. Un drama no que os galegos tamén se verán implicados.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 136 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9151-088-8 |