Principio de superposición
Sofía López Fiz desaparece. Para atopar a verdade detrás da súa ausencia, deberás escoitar as múltiples voces que a definen: a da súa nai, a das súas compañeiras de clase, a dos profesores e, sobre todo, a da propia Sofía a través dos poemas do seu caderno.
«Principio de superposición» é unha novela polifónica e trepidante. Unha crónica sobre o acoso escolar, a identidade, as amizades que salvan e que traizoan e os silencios que agochan as feridas máis fondas.
Fran Fernández Davila mestura narrativa e poesía nunha lectura que explora a fraxilidade adolescente e nos enfronta a unha pregunta estarrecedora: canto coñecemos de verdade a quen temos a carón de nós?

- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 160 |
- Dimensións: 130x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-1110-761-7 |