As peripecias de Extravaganzza Pérez
Extravanganzza Pérez vive nunha casa que semella un zoolóxico. Os seus pais son dous biólogos de moita sona. Semellan estar algo tolos, pero queren aos animais e mais á súa filla pola vida. Un día marchan a unha expedición secreta deixando a Extravaganzza soa na casa. Ela está encantada. Vivir sen pais é o mellor que lle pode pasar a unha nena... agás se os teus pais non dan sinais de vida durante semanas.
- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 200 |
- Dimensións: 130x190 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9121-312-3 |