Isto é París
El Patito recupera estas brillantes creacións do ilustrador checo Miroslav Sasek (1916-1980), todo un referente dentro dos libros de viaxes destinados aos pequenos lectores, capaz de seducir tamén os adultos. Isto é París, un álbum cuxa edición orixinal data de 1959, é o primeiro destes títulos, unha peculiar guía de viaxe que homenaxea a capital francesa retratando, a través de textos sinxelos e divertidas e coloristas ilustracións, a personalidade e a atmosfera da cidade, os costumes das xentes, os cafés, os artistas, os xendarmes..., e tamén os seus espazos máis emblemáticos: o museo do Louvre, Notre Dame ou a Torre Eiffel, conformando un agradable paseo con pinceladas de humor e ironía. Unha viaxe interesante da man dunha obra cun recendo a clásico.
- Editorial: El Patito Editorial |
- Año: 2010 |
- Páginas: 64 |
- Dimensiones: 235x320 |
- Idioma: Gallego |
- Traducción: Soto, Isabel |
- Ilustración: Sasek, Miroslav |
- ISBN: 978-84-938225-7-6 |