María e máis eu
Neste libro, Miguel Gallardo, afeito a se comunicar visualmente coa súa filla María, quere compartilo cos seus lectores coma se nós fósemos ela e a través dos seus debuxos entendamos a súa mensaxe sinxela e breve dunha maneira inequívoca. ?Un grande atractivo deste libro é que corrixe moitos tópicos sobre os nenos con autismo, unha síndrome que se diagnostica cada vez con maior frecuencia. María non é tan distante nin tan fría, senón emocional, afectuosa, alén das peculiaridades do trastorno que padece. Todo o que María fai, ten un significado para ela. Nós tamén podemos facer máis feliz a María e a todos os nenos coma ela, sinxelamente aceptándoa tal como é: única, coma todos os demais.
Amaya Hervas Zúñiga.? Psiquiatra infanto-xuvenil
Amaya Hervas Zúñiga.? Psiquiatra infanto-xuvenil
- Editorial: El Patito Editorial |
- Ano: 2013 |
- Páxinas: 64 |
- Dimensións: 170x240 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Soto, Isabel |
- Ilustración: Gallardo, Miguel |
- ISBN: 978-84-941109-9-3 |