Manuel Lugrís Freire. Do texto ao escenario
Mais a análise non se limita ao estudo do contexto dramático e teatral, en Galicia ou en Europa, tamén se propón unha lectura en clave actual dos textos de Lugrís. Faise o camiño que leva da páxina impresa ao escenario, que se concreta na creación de espectáculos, analizando os procesos que facilitan que en calquera tempo e lugar un grupo de persoas poidan crear un espectáculo, finalidade para a que os textos de Lugrís, hoxe coma onte, poden ser un excelente pretexto. Elaborado desde a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, o volume tamén quere ser unha homenaxe desa institución á figura de Lugrís Freire e unha defensa da nosa memoria histórica no campo dramático e teatral.
- Editorial: GALAXIA |
- Páginas: 294 |
- Dimensiones: 250x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8288-922-1 |