Obras Completas. Volume II
As obras incluídas neste volume (Mar Revolto, A Burla do Galo, Doentes, As actas escuras, Días sen gloria e Agasallo de sombras) comparten un tempo anterior ao presente, un outrora, mais sen deixarmos de recoñecelo como moi actual. Os personaxes e mundos recoñecibles por todos, e que aparecen aquí, fan destes títulos unhas alfaias da literatura galega. E axudan a considerarmos a Vidal Bolaño un dos grandes escritores da literatura galega de todos os tempos.
- Editorial: Positivas |
- Ano: 2013 |
- Páxinas: 398 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-939812-4-2 |