Choiva, vapor e velocidade
AUTOPOÉTICA CACIQUE
Non querendo
Fuxir
Das antigas luces patrias,
Terei que subornar a miña testa
E abotoarme os pantalóns
Máis precisamente
Preto do embigo
Para dar con min mesmo
E co meu estómago
Recordándome
Que o tempo
Non pasa,
Senón que nos transforma
En vellos prevaricadores de palabras,
Xusto aquelo que case nunca quixemos ser.
Non querendo
Fuxir
Das antigas luces patrias,
Terei que subornar a miña testa
E abotoarme os pantalóns
Máis precisamente
Preto do embigo
Para dar con min mesmo
E co meu estómago
Recordándome
Que o tempo
Non pasa,
Senón que nos transforma
En vellos prevaricadores de palabras,
Xusto aquelo que case nunca quixemos ser.
- Editorial: Positivas |
- Ano: 1999 |
- Páxinas: 60 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-87783-53-1 |