Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Outeiriño, Manuel

Depósito de espantos

A escrita supón algunha ausencia, tamén figuracións. Escríbese con vistas ou en vistas de algo, mais sempre a velas vir. Se o autor é orfo de Orfeo deben acaerlle explicaicóns elípticas e ovais: o ovo do que houbo tanto sería saída de gases como substancia etérea, pero os gases e aires sería fillos do tempo, crónica.

Lector e autor ábrense sitio a conta de deferencia, nun é ou non é que non se preocupa do ser-aí da letra matadora senón do mételle-aí das ideas erráticas, mesmo do erre que erre asilveirado.

Para entender unha palabra hai que lle reparar, antes do son, na insolencia.

As palabras cargadas de sentido (tan allleas ó sentado coma ó Sísifo eólico ó sofá de fleixes moles sáficos), as palabras cheas de aire, igual có fol da gaita, son PALABROTAS, velaí a súa grandeza.
  • Editorial: Positivas |
  • Ano: 1994 |
  • Páxinas: 216 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-87783-23-4 |