Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Tuson, Jesús

Mal de linguas

Mal de linguas constitúe unha denuncia dos prexuízos que ameazan a complexidade lingüística do noso mundo. As dicotomías populares de linguas fáciles ou difíciles, finas ou brutas, de moitos ou poucos falantes... son analizadas neste libro para mostrarnos que detrás delas non se agachan calidades propias das linguas senón sentimentos humanos (incapacidades, aversión, xenofobia...). Para Jesús Tuson, profesor de Lingüística na Universidade de Barcelona, as linguas non teñen defensas de seu, nin posúen armas para loitar. Por iso, se non temos conta, poden morrer, e morrer a canda elas boa parte da nosa memoria cultural.
  • Editorial: Positivas |
  • Ano: 1997 |
  • Páxinas: 140 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Sousa, Xulio |
  • ISBN: 978-84-87783-00-5 |