Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Loureiro, Ánxela

Choiva de ras

Todos os animais da fraga coñecían as extravagancias de RaMona, a ra máis mona do lugar, unha afouta artista da camuflaxe que non quería nin casar nin levar os ovos á lagoa como o resto das ras. RaMona vivía á súa bóla, buscando flores e escoitando as diferentes harmonías que desprendían, o que lle permitía argallar rimas e compoñer cancións coas máis variadas melodías. Porén, cando ten que enfrontarse con todas as armas posibles á perigosa cóbrega Milfaces, á toupa Berbequí e fuxir dos falcóns e dos voitres, comprende que as ras volven sempre ao lugar onde nacen.
" Choiva de ras " é unha aventura trepidante protagonizada por animais, inzada de música e humor, que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto.
  • Editorial: Xerais |
  • Páginas: 136 |
  • Dimensiones: 190x135 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-9121-368-0 |