Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Tojo, Marga

Cara de velocidad

www. .com
[email protected]
CARA DE VELOCIDADE
Textos de MARGA TOJO
Ilustracións de MARÍA HERGUETA
Encadernado en cartoné. 15 x 23,5 cm. 48 páx. 14 €.
Cara de velocidade (galego)
ISBN 978-84-8464-376-0. Poesía ilustrada.
Cara de velocidad (castelán)
ISBN 978-84-8464-375-3. Colección Orihuela.
X PREMIO INTERNACIONAL CIDADE DE ORIHUELA DE POESÍA
Dou pasos
de xigante.
Son unha exploradora
do asfalto
en busca dun botín…
[Fragmento do poema titulado “En busca do botín”]
“Cara de velocidade” é o resultado de acudir á literatura
como bálsamo, refuxio e bitácora da superación de «H».
Neste poemario están presentes os seus avances en forma
de pasos de xigante e a satisfacción do retorno ao fogar logo
dunha convalecencia; a enfermidade toma forma de monstro
ao que se desafía, co que se dialoga e convive; e sobre todo,
a vida cotiá afróntase con humor, fortaleza, optimismo
e imaxinación fronte á adversidade.
A superheroína con superpoderes que protagoniza estes versos urbanos ten a capacidade de converter a hora de comer nun xogo disparatado ou nunha festa con improvisados instrumentos musicais; e dun accidente caseiro xorde a excusa perfecta
para fantasear con fascinantes peripecias, trascendendo
as súas consecuencias negativas.
Marga Tojo proxecta nela os seus temores e ledicias,
ou inquedanzas cotiás que, a través do filtro literario, chéganos baixo o punto de vista infantil, cargadas de divertidas metáforas
e cunha lírica musical -de efectos terapéuticos- que bebe de voces contemporáneas: Patti Smith, The Rolling Stones, Nina Simone,
Fran Pérez Narf…
María Hergueta afonda no carácter lúdico dos poemas
cunhas ilustracións próximas á estética do cómic de aventuras,
con trazos estilizados e cores planas.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páginas: 48 |
  • Dimensiones: 150x235 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-8464-375-3 |