Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

CAJARAVILLE, HÉCTOR

Nova Nursia

Rosendo Salvado Rotea (1814-1900), fillo dunha das familias máis poderosas de Tui, renunciou a unha vida de riqueza e comodidades para seguir a carreira eclesiástica e marchar de misioneiro a Australia, un territorio practicamente inexplorado naquela altura.
Frei Rosendo Salvado, como asinou sempre malia ostentar os títulos de padre, abade e bispo, fundou a maior misión católica do continente australiano, Nova Nursia. Pero o obxectivo evanxélico inicial axiña foi substituído pola defensa dos aborixes, marxinados e abocados á extinción por unhas leis que nin sequera lles outorgaban a condición de seres humanos.
No máis de medio século de labor misioneiro de Salvado sucedéronse as interminables viaxes entre Europa e Australia, as conspiracións e as traizóns, as tentacións do luxo e o poder, os transos de perigo mortal, os logros que abraiaron o mundo e a obrigada volta a empezar tras os fracasos, sempre coa dúbida sobre o sentido e a continuidade do seu formidable proxecto.
" Nova Nursia " é a aventura dun home que fixo da entrega aos demais o seu modo de entender a vida e que nos legou unha das biografías máis fascinantes da nosa historia.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 344 |
  • Dimensións: 145x225 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9121-379-6 |