Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Tojo, Marga

Maternidade fóra de catálogo

Maternidade fóra de catálogo é un ensaio próximo ao xornalismo narrativo. Parte dun relato en primeira persoa, mestura de crueza e humor, que aborda a crianza no contexto da cidade neoliberal.
Arrinca no embarazo, onde constata a activación de mecanismos sociais para marcar a entrada nunha nova categoría preconfigurada. Descobre tamén as barreiras e os tabús de ser madrasta. Desenvólvese durante o asentamento en Madrid da autora e da súa filla aos poucos días de nacer.
No medio desa experiencia " Maternidade fóra de catálogo " analiza as dificultades, a ausencia de políticas sociais e de axudas para a familia, a imposibilidade de conciliar, a precariedade, as engrenaxes do crecente modelo de explotación laboral coa ficción do emprendemento, a negación sistémica do gozo e da paixón, o cansazo e a pechazón ante a evidencia de novas realidades familiares.
Fala tamén esta obra da separación das amigas que non tiveron fillos, da importancia de seguir defendendo esta opción vital e da necesidade de camiñaren xuntas. Detense nas orixes e traxectorias do aleccionamento ás nais, co valente testemuño doutras mulleres, e na demanda dunha nova masculinidade, á cal tamén se lle dá voz.
" Maternidade fóra de catálogo " pon fronte a nós o abismo da disgregación co selo do mercado e algunhas opcións para sobrevivir.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 192 |
  • Dimensións: 130x200 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9121-372-7 |