Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Tojo, Marga

Cara de velocidade

X PREMIO INTERNACIONAL CIDADE DE ORIHUELA DE POESÍA
Dou pasos
de xigante.
Son unha exploradora
do asfalto
en busca dun botín…
[Fragmento do poema titulado “En busca do botín”]
“Cara de velocidade” é o resultado de acudir á literatura
como bálsamo, refuxio e bitácora da superación de «H».
Neste poemario están presentes os seus avances en forma
de pasos de xigante e a satisfacción do retorno ao fogar logo
dunha convalecencia; a enfermidade toma forma de monstro
ao que se desafía, co que se dialoga e convive; e sobre todo,
a vida cotiá afróntase con humor, fortaleza, optimismo
e imaxinación fronte á adversidade.
A superheroína con superpoderes que protagoniza estes versos urbanos ten a capacidade de converter a hora de comer nun xogo disparatado ou nunha festa con improvisados instrumentos musicais; e dun accidente caseiro xorde a excusa perfecta
para fantasear con fascinantes peripecias, trascendendo
as súas consecuencias negativas.
Marga Tojo proxecta nela os seus temores e ledicias,
ou inquedanzas cotiás que, a través do filtro literario, chéganos baixo o punto de vista infantil, cargadas de divertidas metáforas
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 48 |
  • Dimensións: 150x235 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8464-376-0 |