Morning Star
Morning Star é unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas, gavelas de bandoleiros do século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando a liberdade, dun cego que toca a gaita e o violín e fala en verso, dun can branco burgalés, dun portugués con tres pegas amestradas e un ollo coma un ovo cocido, que ten o seu tobo na Pena de Anamán, do patibulario e toco Lázaro Rivadulla, da sublevación progresista nas rúas de Pontevedra de 1846, dun pozo cun esqueleto, da aprendizaxe da vida, dunha saudade coma un furaco no que cantan os grilos e dunha afastada estrela que brilla cada día soamente para quen sabe ollala.
Morning Star foi definida por Xosé Luis Barreiro Rivas, un dos membros do xurado de lectores do Premio Xerais 1999 como "unha novela que gosta sen adovíos, que resulta agradable de ler, que retén a atención de principio a fin, e narra historias e aventuras como todos sabemos".

- Editorial: Xerais |
- Páginas: 272 |
- Dimensiones: 145x220 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8302-330-3 |