Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Bello, Xuan

Os nomes da terra

Non habería de ser tan fácil daquela. /Os anos mentireiros que despois veñen /veñen a dicir o contrario: /non os creas. /Ou creos. /En resumidas contas /para todos a vida é simulacro e cinza /e aquel que de pronto para /na metade do camiño da súa morte /mente e está perdido. /Aínda daqueles días de entón, /daquela, /cando a vida parecía seica /máis fácil e feliz, /cando corriamos na bicicleta /pola dilatada superficie do verán, /aínda daquela idade, entón, /quero traer ao poema, /rescatar dese mar mesturado /de sal, soño e tempo, /a chave do caixón onde pecharon /os soños, as esperanzas perdidas, /rescatar /o atlas aquel onde debuxamos /unha imposible rota deica nós mesmos.
  • Editorial: Positivas |
  • Páxinas: 84 |
  • Dimensións: 115x220 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Mariño Dávila, Esperanza |
  • ISBN: 978-84-87783-25-8 |