Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Negro Romero, Carlos

Abelcebú

É este `Abelcebú´ un tratado científico de escarnio e maldicir; un escalpelo humorístico que disecciona as trampas dos poderes oficiais, unha intervención cirúrxica a corazón aberto onde operan a un tempo o bisturí da ironía e a dinamita do sarcasmo.

É o `Abelcebú´ unha enciclopedia dos saberes do Demo, unha lupa grotesca que nos desvela as vergoñas do mundo, e lles dá a volta ás nosas crenzas e prexuízos como a calcetíns que se botan ao cesto da roupa suxa.

É o `Abelcebú´ un cuspe de pallaso, un carrusel conceptual onde o escritor fai burla do universo, e de si mesmo, sempre na procura dun sorriso oblicuo, fracturado entre o lirismo e a amargura.

`Abelcebú´: un peido diabólico na parte traseira do sistema literario.
  • Editorial: Positivas |
  • Páginas: 308 |
  • Dimensiones: 13x21 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-87783-49-4 |