Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Lindgren, Astrid

Pippi Mediaslongas embarca

Pippi Mediaslongas ten a capacidade de converter nunha aventura abraiante calquera cousa que faga, dende ir de compras ata facer unha excursión. Canda os seus inseparables Tommy e Annika,
o cabalo e o señor Nilsson, Pippi xoga a ser coma Robinson Crussoe indo ata a illa dun pequeno lago, onde mesmo lanza
unha mensaxe de rescate nunha botella. Porque así é esta nena especial e única: explora os límites da audacia e da imaxinación, cuestiona a lóxica establecida, fai da espontaneidade e do humor a súa bandeira.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 128 |
  • Dimensións: 160x235 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: ÁLVAREZ, DAVID A. |
  • ISBN: 978-84-8464-423-1 |