Diccionario da literatura galega. T. III - Obras
Neste volume III do Diccionario da literatura galega fíxose unha selección de obras que proporciona unha visión global e detallada, completa e complexa, dos vieiros polos que se foi desenvolvendo o noso discurso literario, ilustrando o amplo abano de opcións do que arestora dispón calquera lector. Neste marco, non só se presta atención ós textos que configuran o noso canon literario nun sentido restrinxido, senón que tamén se inclúen xéneros tradicionalmente marxinados, como o teatro ou a literatura infantil e xuvenil, cos que se fixo un especial esforzo para revisar e resituar a súa posición no sistema. En resumidas contas, velaquí temos un manual imprescindible para estudosos e curiosos.
- Editorial: GALAXIA |
- Páginas: 516 |
- Dimensiones: 161x229 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8288-365-6 |