Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Portabales Santomé, Arantza

Beleza vermella

Logo do éxito de Deixe a súa mensaxe despois do sinal, regresa Arantza Portabales cunha novela negra arrasadora. En Santiago cométese un espantoso crime que, en realidade, semella unha obra de arte. Unha instalación de vangarda. A asasinada é a sobriña da máis importante artista galega, e a maneira en que aparece o cadáver semella un dos seus traballos de vangarda. Todo o cuarto cuberto uniformemente co sangue da vítima. Será que matar pode ser unha forma de arte?
Seis persoas, todas achegadas á vítima, son sospeitosas, porque todas poderían ter motivos para cometer o crime. Polo medio, paixón sen control e un manexo da intriga que fai desta autora unha das voces cruciais da novela negra galega contemporánea.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páginas: 428 |
  • Dimensiones: 135x210 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-9151-317-9 |