Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Koch, Herman

A cea

A novela relata o encontro de dous matrimonios -dous irmáns e cadansúa muller- que quedan para cear nun restaurante fino. Falan de cine e plans de vacacións, eludindo ata o final o tema que os levou alí: o futuro dos seus fillos Michel e Rick, de quince anos. Estes fixeron algo que lles pode desgrazar a vida para sempre. Paul Lohman, o narrador e pai de Michel, quere o mellor para o fillo. E para iso está disposto a facer o que faga falla. O seus compañeiros de mesa teñen tamén os seus propios propósitos ocultos. Durante a cea saen a relucir emocións, conflitos latentes entre os irmáns, ata que, por último, chegan ao punto no que teñen que tomar unha decisión transcendental. Herman Koch narra cunha finura e unha agudeza verbal extraordinarias unha historia de amor incondicional, de violencia e de traizón. Os verdadeiros motivos persoais de cada un dos personaxes desvélanse pouco e pouco, polo que o lector se ve obrigado a posicionarse moralmente ao longo da narración. A cea é unha novela provocadora e unha ácida crítica social.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Año: 2015 |
  • Páginas: 328 |
  • Dimensiones: 135x210 |
  • Idioma: Gallego |
  • Traducción: Alonso Seisdedos, María; Vialle, Antón |
  • ISBN: 978-84-9865-463-9 |