A morte das linguas
Este libro aborda cada unha das facetas da desaparición xeralizada de linguas en tempos recentes e asemade ofrece argumentos a favor dunha ecoloxía lingüística viable nun mundo cada vez máis globalmente insensible ante as linguas e ante a linguaxe. David Cryistal pretende nesta obra responder as preguntas que todos os galegos nos facemos sobre a situación das linguas minorizadas e que tamén se poden aplicar á situación da nosa propia lingua. Dános algunhas claves para entender o que está en xogo cando se fala da morte das linguas e das linguas ameazadas.
- Editorial: GALAXIA |
- Año: 2003 |
- Páginas: 268 |
- Dimensiones: 136x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8288-622-0 |