Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Casas, Arturo

Alusión

O seu propósito declarado foi contribuír a instaurar unha crítica da destrución política a través da análise dos discursos hexemónicos e das camuflaxes do poder, con atención particular ao acontecido en Galicia. Os textos incluídos no blog e agora publicados neste libro abranguen tamén campos como o social e o cultural a través dunha dinámica pluralidade de rexistros, entre os cales o humorístico, o autoficcional e o satírico non foron os menos desenvolvidos. Durante os meses que permaneceu activo Lándoas, o blog alcanzou algo máis que unha moderada notoriedade, ás veces con varios centos de visitas diarias. Tivo ademais algunha influencia no debate público, como podería demostrar o contexo con algúns columnistas e artigos de opinión. As lándoas son as marxes que marcan os límites dunha leira. A palabra designa por tanto o perímetro inculto, o que non se ara. Outra acepción é a de fenda no tronco de sobreiras, castiñeiros... Parábolas, pois, e crónica nas marxes de texto, nas lándoas dos discursos públicos. O escrito nas 355 anotacións redactadas no blog, sen contar agora os comentarios empatados, acomodouse pois en ´Alusión´ a cinco epígrafes ordenados internamente con criterio cronolóxico inverso ao propio do blog: ´O mundo da vida´, ´Estética e dinámica´, ´Historias´ (ou a historia elevada á pluralidade), ´Homo ludens´ e ´Sistémica mente´.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Ano: 2011 |
  • Páxinas: 160 |
  • Dimensións: 120x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9865-376-2 |