As crónicas do Sochantre
Son as crónicas dos espectros as que chegan ao lector na voz do Sochantre Pontivy. Nos tempos da Revolución Francesa, o sochantre viaxa polos camiños da Bretaña acompañado por unha comitiva de mortos contadores de historias. En palabras de Carballo Calero, ´asombra a coherencia xeográfica e histórica´ do libro, no que se bota de ver o fondo coñecemento que Cunqueiro posuía do país da Bretaña coma dos costumes franceses da época da Revolución. Historias de misterio e crime, que o autor escribiu cun gran talento creador, acaban por seducir a todo tipo de lectores. As crónicas do Sochantre, publicadas no ano 1956, son hoxe un clásico da literatura galega.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 176 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-669-5 |