Poesía 1932-1933
Nestes poemarios o autor soubo conxugar o pulo creador das vangardas de principios do século XX coa inspiración herdada da poesía galego-portuguesa. A carón do simbólico e ousado itinerario de Mar ao norde, a perfección anovadora de Poemas do si e non compleméntase coa audaz recreación da tradición medieval en Cantiga nova que se chama riveira. Poesía escrita, por outra banda, en plena Segunda República, cando a cultura galega gozaba dun esperanzado período de esplendor.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 140 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-665-7 |