Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Christie, Agatha

Asasinato no Orient Express

Coincidindo co 25 cabodano da escritora inglesa Agatha Christie, tan apreciada entre xente de moitos países e de todas as idades e falecida o 12 de xaneiro de 1976, Editorial Galaxia abre unha colección nova, a Biblioteca Agatha Christie, coa publicación do primeiro dos seis títulos previstos. Trátase do libro Asasinato no Orient Express, do que tamén se fixera, hai anos, un filme de moito éxito. O detective belga Monsieur Hercule Poirot vese confrontado cunha serie de asasinatos misteriosos nese mítico tren que era o Orient Express. Serán as súas dotes dedutivas e o seu enxeño detectivesco dos que ten que botar man para aclarar a orixe dos crimes que ameazan o grupo internacional de viaxeiros no convoi. Gracias ao seu gran coñecemento da psicoloxía humana —e sempre disposto a desconcertar cos seus comentarios retranqueiros— consegue non deixarse enganar e solucionar o caso. É a primeira vez que este clásico do xénero, escrito en 1934 e agora traducido por Alberto Álvarez Lugrís, aparece en lingua galega.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Ano: 2000 |
  • Páxinas: 252 |
  • Dimensións: 140x208 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8288-386-1 |