Asasinato no Orient Express
Coincidindo co 25 cabodano da escritora inglesa Agatha Christie, tan apreciada entre xente de moitos países e de todas as idades e falecida o 12 de xaneiro de 1976, Editorial Galaxia abre unha colección nova, a Biblioteca Agatha Christie, coa publicación do primeiro dos seis títulos previstos. Trátase do libro Asasinato no Orient Express, do que tamén se fixera, hai anos, un filme de moito éxito. O detective belga Monsieur Hercule Poirot vese confrontado cunha serie de asasinatos misteriosos nese mítico tren que era o Orient Express. Serán as súas dotes dedutivas e o seu enxeño detectivesco dos que ten que botar man para aclarar a orixe dos crimes que ameazan o grupo internacional de viaxeiros no convoi. Gracias ao seu gran coñecemento da psicoloxía humana e sempre disposto a desconcertar cos seus comentarios retranqueiros consegue non deixarse enganar e solucionar o caso. É a primeira vez que este clásico do xénero, escrito en 1934 e agora traducido por Alberto Álvarez Lugrís, aparece en lingua galega.
- Editorial: GALAXIA |
- Año: 2000 |
- Páginas: 252 |
- Dimensiones: 140x208 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8288-386-1 |