Branco
Nun estado policial, dous militares das forzas de represión deteñen e reclúen unha muller, á que someten a un violento e cruel interrogatorio. Anos despois, o azar fai que os destinos deses dous homes se volvan cruzar tamén traxicamente. Coa circularidade do tempo e as relacións de poder como pano de fondo, Manuel Darriba escribe unha historia con maneira de thriller. A enganosa simplicidade do texto esconde en realidade unha complexidade turbia, a do ser humano nas súas manifestacións extremas.
- Editorial: GALAXIA |
- Año: 2015 |
- Páginas: 104 |
- Dimensiones: 135x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-9865-211-6 |