Contos completos II
Poe escribiu contos coma ´Os crimes da rúa Morgue´, precursor do xénero policial, e ´A caída da casa Usher´, obra mestra da narración de misterio, ademais de contos de imitación humorística, paródicos e filosóficos. Por outra banda, a obra narrativa de Poe está considerada como unha das que marcan o inicio da literatura moderna; a orixinalidade dos seus temas e o xeito no que son tratados, empregando unha linguaxe que renova a narración tradiciónal, vai deixar unha fonda pegada en todas as literaturas do mundo e supón un punto de inflexión inescusable na concepción da narrativa como xénero literario. A obra de Poe é un dos símbolos culturais que sinalan o abrollar da sociedade moderna, a sociedade das grandes cidades e da industrializacion. Como autor, Poe exerce e exerceu unha indubidable influencia na cultura do século XX, mesmo na cultura popular e, singularmente, no cinema.
- Editorial: GALAXIA |
- Año: 2015 |
- Páginas: 400 |
- Dimensiones: 135x210 |
- Idioma: Gallego |
- Traducción: Almazán Gárcía, Eva |
- ISBN: 978-84-9865-230-7 |