Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Camaño, Adolfo

Matar o heroe

PREMIO VILAR PONTE DE NOVELA 2018
Ao rematar a Gran Guerra, Charles Bonne-Mort tenta aturar as eivas que lle legou o masacre industrializado. Escríbelle aunha antiga e íntima amizade, o xendarme René Saint-Rien, con quen compoartiu a tortura e o horror das trincheiras. As súas cartas, á vez laio de despedida e berro de auxilio, adquiren un ton confesional no que o protagonista da novela repasa os rostros máis escuros da propia existencia e as peripecias que viviu co seu camarada de armas. Será capaz de sobrevivir outra vez? Convertido en taxidermista na Güiana Francesa, loita consigo mesmo e contra uns cobizosos adversarios que trazan un plan para acabar co pouco que lle queda de vida. Nun territorio gobernado polo absurdo, a vida alegre do París fin de siècle, as noites de permiso en Pigalle e a ameaza dos obuses do canón Gran Berta dan paso ao clima abafante dunha vila illada pola selva.
Adolfo Caamaño artella unha historia onde o realismo extremo convive coas situacións absurdas nunha lograda fórmula que combina a literatura grotesca de Jarry coa paixón pola exactitude de Zola. Narrativa cun senso do límite que sitúa a quen le na posición da decisión fronte á ficción. Unha novela singular, un universo ficcional único.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páginas: 244 |
  • Dimensiones: 135x210 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-9151-352-0 |