Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Capote, Truman

Cruceiro de verán

Unha novela escrita en 1943 na que o autor norteaméricano traballaría durante unha década para, finalmente, deixala rematada pero sen chegar a publicala nunca. No ano 1966, Truman Capote, logo do grandísimo éxito de In Cold Blood, abandona o seu piso nun soto de Brooklyn, deixando nel unha caixa con diversos papeis, que o porteiro do piso rescata do lixo e conserva ata súa morte. No outono do 2004, esa caixa é depósitada na casa de poxas de Sotheby¿s para venderen o seu contido, descobréndose que nela hai varios cadernos co manuscrito dunha novela inédita titulada Cruceiro de verán. Dez anos traballou Truman Capote nesta novela, ao longo dos cales abandonaríaa e retomaríaa varias veces. Cruceiro de verán se desenvolve en Nova York xusto despois da segunda Guerra Mundial e conta a historia de Grady McNeil, unha rapaza de dazasete anos que convence aos seus pais para que a deixen pasar soa o verán mentres eles viaxan a Europa nun cruceiro. Grady, que forma parte da burguesía podente, agáchalles que en realidade está a vivir unha relación amorosa cun veterano de guerra de orixe xudía que traballa nun aparcamento. Esta é unha novela precoz, probablemente a primeira novela escrita por Capote, na que amosa un estilo brillante, de metáforas refulxentes, e un instinto narrativo inigualable. O dominio da frase, a ironía, a súa capacidade para describir sutilmente os matices das relacións humanas, fan desta novela un tesouro literario, antecedente dos seus grandes triunfos como escritor.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Año: 2015 |
  • Páginas: 152 |
  • Dimensiones: 135x210 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-8288-916-0 |