Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Auster, Paul

Diario de inverno

A nova novela do autor de Brooklyn Follies encaixa á perfección no que a crítica denomina ´autoficción´: o novelista escribe sobre si mesmo e convértese en personaxe, a súa vida queda apreixada no papel e é lida como unha narración. Auster comeza o libro con 64 anos, coa vivencia do que el chama ´o inverno da vida´. A partir de aí, o xogo da memoria vai ir tecendo unha narración en segunda persoa no que os pormenores da vida acaban por adquirir unha significación que, aparentemente, non tiñan. O divorcio da súa nai e a súa morte, a mocidade e as manifestacións universitarias contra a guerra do Vietnam, o case mortal accidente de coche da súa segunda muller, a escritora Siri Hustvedt, e do seu fillo, a relación cos diferentes lugares nos que viviu, a súa estadía en París... a rememoración do día a día debuxa sutilmente unha historia chea de suxestións e incitacións á reflexión sobre a ferida do tempo e a escritura. Diario de inverno non é a primeira vez que Auster escribe sobre si mesmo, pois xa en en 1982 publicou The Invention of Solitude, libro no que contaba os derradeiros anos da vida de seu pai.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Ano: 2015 |
  • Páxinas: 236 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Almazán Gárcía, Eva |
  • ISBN: 978-84-9865-410-3 |