Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Auster, Paul

Sunset Park

Miles Heller ten vinte e oito anos, abandonou a universidade aos vinte, despediuse dos seus pais e marchou de Nova York. Agora vive en Florida e traballa para unha empresa que se encarga de baleirar as vivendas dos desafiuzados. Mais non só se dedica a carretar mobles e repintar paredes, Miles saca fotos de todas as cosas abandonadas para probar que as pantasmas desa xente seguen presentes. En Sunset Park, Auster fainos lembrar as cousas duradeiras: o amor, a arte e esa estraña sensación que é estar vivo. O seu protagonista, Miles, vive atormentado pola culpa: sen querelo provocou a morte do seu medio irmán, unha situación que o induciu a marchar de Nova York fuxindo do pai e a madrasta. En Florida mantén unha relación cunha escolar adolescente, Pilar, mais cando a familia dela ameaza con sacar á luz o noivado, Miles decide protexer a Pilar volvendo a Brooklyn, onde comeza a vivir de ocupa mentres se prepara para a inevitable confrontación co pai, de quen leva anos escondido. Vibrando coa mesma enerxía ca Invisible, a anterior novela de Auster, o relato de Sunset Park é tan mítico coma contemporáneo, está tan engaiolado polo béisbol coma pola literatura. E, por riba de todo, é unha historia de amor e perdón, non só entre homes e mulleres, senón tamén entre pais e fillos.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Ano: 2010 |
  • Páxinas: 320 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Eva Almazán García |
  • ISBN: 978-84-9865-306-9 |