Espantallo amigo
Esta é a historia dun espantallo que en vez de espantar os melros, faise amigo dos animais e dos rapaces. Un día, para defender unha figueira das peteiradas voraces dos melros, o tío Ramón de Rebordena colle a machada, corta uns casqueiros miúdos de pino manso, átaos cun vimbio e fai unha cruz. Despois vai enchendo aquel esquelete con palla, ponlle un melón no sitio da cabeza e acaba por vestilo cunha chaqueta e uns pantalóns remendados. Ata lle mete dúas cereixas nos ollos e un pexego no sitio do corazón. Así naceu Espantallo.
- Editorial: GALAXIA |
- Año: 2015 |
- Páginas: 96 |
- Dimensiones: 130x200 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8288-903-0 |